O Burgo, 20 anos de aposta polo deporte coa Carreira Pedestre Santiaguiño
Por Diego Espiño
A Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo chega á súa vixésima edición convertida en "unha festa do atletismo", tal e como definiu a proba a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
A penúltima cita do Circuíto de Carreiras Populares celebrarase, fiel á tradición, o 25 de xullo, con saída e chegada na ponte do Burgo.
O percorrido será o mesmo das últimas edicións, con 6.450 metros na categoría absoluta que discorrerán principalmente pola zona da Xunqueira de Alba. Desde as 10:00 horas darase saída aos máis novos e ás 11:00 partirán os atletas promesa, absolutos e veteranos.
Espérase a presenza de polo menos medio milleiro de atletas na carreira absoluta, ao que hai que sumar as categorías inferiores que poden anotarse o mesmo día da proba.
Para o resto de deportistas, ao prezo de 5 euros, as inscricións manteranse abertas ata o 20 de xullo en www.championchipnorte.com.
A proba atlética está organizada pola Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo en colaboración da Sociedad Gimnástica.
Relacionadas:
-
A parroquia de Santiaguiño do Burgo cumpre 20 anos
Por Redacción |
-
Pablo Miguel García e Lorena Salgueiro, gañadores da vixésima Santiaguiño do Burgo
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A carreira PonteNoite 5+5 enche de atletas a vida nocturna de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pablo Dapena e Leticia Fernández reinan en Campañó
Por Diego Torrado |
-
O ceo deu unha tregua e Monte Porreiro botou a correr
Por Diego Torrado |