A Federación ratifica a composición de grupos na Segunda B
Por Redacción
A Asemblea da Real Federación Española de Fútbol ratificou este venres a proposta de grupos de competición na Segunda B pactada na Comisión.
Desta forma o Grupo I, no que competirá o Pontevedra, estará composto polos equipos galegos, asturianos, castelán-leoneses, cántabros e navarros, sendo os rivais do cadro granate: Boiro, Celta B, Coruxo, Racing de Ferrol, Somozas, Arandina, Burgos, Cultural Leonesa, Guijuelo, Palencia, Ponferradina, Valladolid B, Caudal, Lealtad, Racing de Santander, Osasuna Promesas, Izarra, Mutilvera e Tudelano.
A Federación aprobou ademais as modificacións e datas propostas pola Comisión de 2ªB, polo que a liga regular arrincará o 21 de agosto e finalizará o 17 de maio. Durante as seis seguintes semanas, ata final de xuño, disputarase e play-off de ascenso a Segunda División.
Ademais pasarase de 16 a 18 xogadores nas convocatorias dos partidos ligueiros, a semellanza da Liga de Fútbol Profesional.
En canto ao calendario de competición, está previsto que se coñeza a principios da próxima semana.
Relacionadas:
-
O Pontevedra comezará a liga en Guijuelo
Por Redacción |
-
Seis partidos confirmados para a pretempada granate
Por Diego Espiño |
-
Ilusión e moitas caras novas no primeiro día de traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A dianteira, principal incógnita no Pontevedra a 10 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra líbrase dos estremeños e do Logroñés na repartición de grupos de Segunda B
Por Diego Espiño |