O ala-pívot Javier Múgica, reforzo contrastado para o Peixe Galego
Por Redacción
O Peixe Galego vai pechando aos poucos o plantel para o seu debut na LEB Ouro, e faio polo momento con xogadores de grande expericiencia na categoría.
A segunda fichaxe do equipo marinense, tras o de José Siméon, é o do ala-pívot Javier Múgica, segundo confirmou este luns o club.
Múgica, xogador leonés de 33 anos e dous metros de altura, é un "catro versátil, rápido no un para un, que pode xogar de 3 e gran capacidade en todas as facetas de xogo", sinalan desde a entidade 'peixe'.
Xogou cinco tempadas na LEB Ouro (dous en León e unha en Ourense, Peñas Huesca e Força Lleida), pero chega a Marín procedente do Worcester Wolves inglés, no que militou a última tempada.
No seu último ano en LEB Ouro, no que coincidiu con Siméon, alcanzou 8,9 puntos e 5,7 rebotes por partido.
Javier Múgica é o terceiro xogador confirmado para o novo proxecto do Peixe Galego, tras a renovación de Manu Ferreiro e a fichaxe de Simeón.