Resistiu o Pontevedra pero non puido frear a imparable marcha dun Celta xuvenil que certificou a súa vitoria (0-3) na segunda parte
Por Ramiro Espiño
Tiña unha papeleta complicada o xuvenil granate, que recibía a visita do intratable líder da categoría, un Celta de Vigo que acreditou a superioridade que vén exhibindo sobre todos os seus rivais esta tempada, e rematou impoñéndose por un claro 0-3, se ben houbo de esperar a segunda parte para asegurarse un triunfo que o Pontevedra lle puxera caro no primeiro período.
De feito o conxunto local conseguiu atar as mans ao seu rival ata o punto de facelo sentirse incómodo, non permitindo practicamente nin unha sóla xogada de perigo nos primeiros 45 minutos que transcorreron con lixeira iniciativa visitante, pero sen maiores apuros para a meta de Lucas.
Non obstante o Pontevedra pagou o esforzo na reanudación e o Celta resolveu en apenas cinco minutos, con dous goles que deixaron sen capacidade de resposta ao cadro granate. Aínda así, os locais nun alarde de orgullo fóronse arriba intentando recortar diferenzas, o que aproveitaría o cadro vigués dispoñendo de máis espazos para redondear o marcador case no último suspiro.
PONTEVEDRA (0): Lucas; Puyi, Bruno, Marou, Emilio, Joni (Quique, min. 70), Pibe, Tomás, Buba, Jaime (Ángel, min. 50) e Dani Muradás (Brais, min. 70).
R.C. CELTA DE VIGO (3): Yago; Pablo, Samuel, David, Goldar, Casas (Jordan, min. 75), José (Berto, min. 77), Borja, Tailor (Cuadrado, min. 70), Dyelko e Fernán.
Árbitro: Antonio Loira (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Baltasar González e Fernández Fernández. Amoestou a Ángel, Casas e Borja.
Goles: (0-1) Minuto 60: Fernán. (0-2) Minuto 65: Tailor. (0-3) Minuto 90: Berto.
Incidencias: Sintético de A Xunqueira (Pontevedra). Uns 120 espectadores.