Futuro garantido no Club Natación Galaico
Por Diego Espiño
Cinco medallas foi o balance do Club Natación Galaico no recente Campionato de España de Verán nas Palmas, unha de Bea Gómez en categoría absoluta e catro dun equipo junior que garante o recambio xeracional na entidade, polo menos en categoría feminina.
Águeda Cons, Inés Gómez, Lara Gómez e Nuria Erselle foron recibidas este venres no Concello polos seus recentes éxitos, acompañadas polo seu adestrador Diego Pérez e o presidente do club, Miguel Cano.
En Canarias lograron unha prata na remuda 4x200 junior, quedando a pesar da súa idade preto do récord galego absoluto. Ademais Águeda Cons sumou outros tres metais (dous ouros e unha prata) e nadou nunhas grandes marcas que lle colocaron entre as grandes promesas nacionais.
Pero pese ao éxito non hai tempo para o descanso, xa que precisamente Águeda pensa en novo retos e concentrarase o 15 de agosto co equipo nacional de augas abertas, co que participará no próximo Campionato de Europa, en Italia.
CAMPUS DE INICIACIÓN BEA GÓMEZ
Aproveitando a recepción municipal, o Galaico deu a coñecer o Campus de Iniciación Bea Gómez, que organizará entre os días 1 e 9 de setembro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños.
A iniciativa está dirixida a nenos nados a partir do ano 2005 cun horario de actividade de 9:00 a 13:30 horas. Os interesados en inscribirse poden facelo a través do correo electrónico galaico@cngalaico.com
Relacionadas:
-
Águeda Cons, obxectivo Tokyo 2020
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons, medalla de ouro por equipos no Campionato de Europa de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Águeda Cons e Paula Goyanes, na concentración nacional de augas abertas
Por Redacción |
-
Bea Gómez e Águeda Cons poñen o broche de ouro ao Nacional de Verán con dúas medallas máis para o Galaico
Por Redacción |
-
Águeda Cons suma a súa segunda medalla individual no Nacional de Verán
Por Redacción |
-
A remuda 4x200 dálle ao Galaico a súa segunda medalla nas Palmas
Por Redacción |
-
Águeda Cons, primeira medalla para o Galaico no Campionato de España
Por Redacción |