"Ganas de trabajar" na volta aos adestramentos do Cisne
Por Diego Espiño
O segundo proxecto consecutivo do Cisne na División de Honra Prata de balonmán é xa unha realidade. Cun novo adestrador ao mando, Jabato, os pontevedreses iniciaron este luns a pretemporada con caras novas e sobre todo "ganas de trabajar".
Así o recoñeceu o novo técnico, satisfeito cun plantel na que cre "va a haber mucha competencia", o que ve positivo porque "los jugadores tendrán que ganarse los minutos en pista".
A pesar de estar contento co seu equipo Jabato advirte da dificultade da categoría, na que "otros equipos también han mejorado y la competencia será difícil".
O Cisne empezou os adestramentos co plantel case pechado, pero non do todo, xa que falta por chegar un extremo dereito e "posiblemente algo más para completar", asegurou o presidente, Santi Picallo, na presentación de Pablo Gayoso como novo xogador do club celebrada no Hotel Galicia Palace de Pontevedra.
Catro foron as fichaxes que reforzan ao equipo coa intención de non pasar os apuros da última campaña, cando lograron a permanencia na última xornada. Son o mencionado de Pablo Gayoso (Octavio), Xosé Canedo (Sinfín), Andrés Sánchez (Alarcos) e David Chapela (Teucro).
Relacionadas:
-
Boas sensacións que disparan o optimismo no Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne reforza a súa primeira liña coas fichaxes de Xosé Canedo e Pablo Gayoso
Por Redacción |
-
Zamora-Teucro e Cisne-Gijón na primeira xornada da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Xornada de renovacións no Cisne
Por Redacción |