O Club de Tenis Pontevedra despídese coa cabeza alta do Nacional por equipos
Por Redacción
Gran experiencia a vivida polo equipo infantil do Club de Tenis Pontevedra no Campionato de España por equipos.
Os pontevedreses caeron eliminados ante o Real Club de Polo Barcelona, por tres vitorias a unha, pero a sensación mostrada polo equipo foi positiva nun grande escenario, as instalacións do Club de Tenis La Salut.
Desas pistas, nunha das entidades de maior tradición tenística en España, saíron grandes campións como Manuel Orantes ou Álex Corretja, co que as novas promesas do Club de Tenis Pontevedra puideron compartir experiencias.
Antes do enfrontamento ante o Club de Polo, o equipo pontevedrés derrotara con claridade ao Club de Tenis La Magdalena de Santander (4-0).
Participaron no Nacional por equipos Javier Pleguezuelos, Sergio Álvarez, Alejandro Rouco, Iago Domínguez e Carlos Álvarez, con Ricardo Domínguez como capitán.