David Rodríguez logra o bronce no Campionato de Europa Cadete de taekwondo
Por Redacción
Gran resultado o logrado polo pontevedrés David Rodríguez no Campionato de Europa Cadete de taekwondo celebrado na capital romanesa, Bucarest.
O deportista do Taekanart, coñecido como 'Nene', colgou a medalla de bronce na categoría de -41 quilos despois dunha sobresaliente xornada.
Comezou a competición ante o bielorruso Mikita Artukhevich, ao que superou por 9-8. En segunda rolda tivo como rival ao romanés Mihai Calin Bucur, gañando tamén con ou axustado resultado (5-4), mentres en cuartos de final superou a un opoñente moi duro, o británico Kai Law, por 6-4.
Xa en semifinais, na loita por facerse un oco na gran final, David cedeu ante o poderío físico do búlgaro Daniel Ladzhev, máis alto que el, por un tenteo de 2-8.
A pesar diso o bronce europeo supón a guinda a unha gran tempada, na que se proclamou campión de Galicia e de España e tamén venceu no Open de España da súa categoría.
Relacionadas:
-
Katya Calvar e Pablo Fernández, sen fortuna no Open de Serbia
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés regresa con tres medallas do Nacional Junior de combate
Por Redacción |
-
Reto mundial para o Mace Sport en Perú
Por Redacción |
-
O pontevedrés David Rodríguez pon rumbo ao Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
Éxito do taekwondo pontevedrés no Open de Basauri
Por Redacción |
-
O Open Cidade do Lérez enche de taekwondo o pavillón de Príncipe Felipe
Por Redacción & Diego Torrado |