O potencial do Racing de Ferrol, ameaza para un Pontevedra que quere afianzarse na zona nobre
Por Diego Espiño
Partido grande o deste domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón, un dos choques máis agardados polos afeccionados do Pontevedra, o derbi galego ante o Racing de Ferrol.
Luisito: "O partido vai ser duro e complicado para os dous"
Os granates esperan manter o seu bo nivel na casa, onde gañaron os seus tres partidos de liga, e consolidarse así na zona nobre da táboa, pero para iso deben superar a un cadro departamental que chega á cidade de Lérez en franca recuperación e "cun potencial de medio campo para adiante tremendo", recoñece Luisito.
O técnico do Pontevedra cre que "o partido vai ser duro e complicado para os dous", polo que será necesario "que esteamos a altura do día do Izarra" para tentar sacar algo positivo, por iso pediralle aos seus imprimir un ritmo elevado "e sobre todo ter a posesión".
"Estamos falando dun equipo que mantén a base dos xogadores da tempada pasada e que firmou futbolistas de moitísimo nivel", explica o adestrador, que non se fía do seu irregular inicio ligueiro.
Michel Alonso: "Es importante dar el nivel de intensidad que va a exigir el partido"
Pola súa banda Míchel Alonso, adestrador do Racing de Ferrol, fala de "rival complicado" para referirse aos granates que "nos va a exigir mucho porque es un equipo de ritmo alto, muy físico y con calidad". Por ese motivo, sinala, "es importante dar el nivel de intensidad que va a exigir el partido".
Todo os ingredientes pois para ver un bo espectáculo que por parte do Pontevedra só se perderá o lesionado Iker Alegre. O resto de futbolistas entraron na convocatoria e como é habitual nos partidos de casa, Luisito realizará varios descartes o mesmo domingo.
Pola súa banda o Racing de Ferrol chega a Pasarón sen Nano Macedo, Aitor Pascual e Ian Mackay. Ademais o ex-granate Dani Benítez non se recuperou totalmente das molestas musculares que lle deixaron fóra de combate nas últimas xornadas.
O partido será arbitrado polo castelán-leonés Alberto González Hernández.
Relacionadas:
-
O fútbol fai xustiza a un Pontevedra mellor que o Racing de Ferrol (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Dani Benítez, principal dúbida no Racing de Ferrol antes de visitar Pasarón
Por Raúl Salgado |
-
Os penaltis clasifican ao Pontevedra para a final autonómica da Copa Federación (2-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra bota o ferrollo a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
A paciencia dun Pontevedra serio pode co muro do Izarra (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |