O San Esteban auga a festa do Marcón e o Pontevedra B segue crecendo
Por Redacción
Derrota inesperada do Marcón Atlético no Carrasco ante o San Esteban (1-3), que augou a festa dos pontevedreses o día que presentaban ante a súa afección a todos os equipos da entidade.
No deportivo os de Luís Oliveira non tiveron o seu día, e viron como pouco antes da media hora adiantábanse os visitantes.
A pesar de non gozar das mellores sensacións Berto empataba no minuto 60, pero a alegría e as esperanzas de remontada duraron pouco xa que o San Esteban recuperaba a vantaxe co 1-2, redondeando o resultado no último minuto cando os locais buscaban a igualada.
Consulta aquí o acta do Marcón-San Esteban.
O que conseguiu un importante triunfo é o Pontevedra B ante o pechacancelas San Martín (1-0).
Un gol de Brais cando o partido estaba a piques de concluír deu tres valiosos puntos aos de Santi Mariño e sobre achega tempo para seguir crecendo na competición.
O filial granate é agora undécimo con 8 puntos, mentres o Marcón cae á oitava praza con 9 puntos.
Consulta aquí o acta do Pontevedra B-San Martín.