O Marcón dobrega ao líder e o Pontevedra B empata ante o Cambados
Por Redacción
Importante triunfo do Marcón Atlético no campo do que chegaba como líder da Primeira Rexional, o Umia (1-2). Os pontevedreses impuxéronse nun duelo moi competido, trabado por momentos e non exento de polémica.
Iván, aos 11 minutos, adiantaba aos pontevedreses cun lanzamento de falta directa. O choque, duro en moito momentos, puido cambiar coa expulsión por vermella directa de Sapi no 27, pero só tres minutos despois os locais tamén quedaban con 10 pola segunda amarela de Joseph.
A tensión era tal que a segunda metade comezou con atraso ao solicitar o árbitro a presenza da Garda Civil. Afortunadamente non foi a máis e o partido continuou.
Ambos os equipos tiveron clara opcións de gol, incluído un tiro ao pau de Berto para o Marcón. Ao final foi o Umia o que logrou a igualada no 73. Con todo, na seguinte xogada Manu Sieiro recuperou un balón no medio campo e puxo o 1-2 desde a frontal.
Puxo chegar o terceiro para o Marcón, pero Arturo desaproveitou a ocasión e houbo que sufrir ata o final para asegurar tres puntos que lles colocan na cuarta praza con 16 puntos.
Consulta o acta do Umia-Marcón Atlético.
O que non puido lograr a vitoria esta xornada foi o Pontevedra B, tras un partido disputado de poder a poder ante o Cambados (0-0).
O choque, disputado no campo de Príncipe Felipe, puido decantarse para ambos os lados, pero finalmente ningún acertou ante a meta rival.
Con este resultado o filial granate queda na undécima praza con 11 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón leva o derbi local (3-0) fronte un Pontevedra B que non levanta cabeza
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Derrotas de Pontevedra B e Marcón Atlético ante Mos e Gran Peña
Por Redacción |
-
A falta de acerto condena ao Marcón ao empate na casa e ao Pontevedra B á derrota en Beluso
Por Redacción |
-
Triunfo reparador do Marcón ante o Cuntis e empate do Pontevedra B en Domaio
Por Redacción |