Natalia Fernández, a un paso do podio no primeiro Torneo Nacional de Sabre da tempada
Por Redacción
Experiencia positiva a dos tiradores da Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra no primeiro Torneo Nacional de Ránking de Sabre da tempada, na categoría absoluta.
No Centro Nacional de Esgrima, en Madrid, competiron catro deportistas do club pontevedrés logrando unha delas romper unha barreira histórica.
Natalia Fernández, a pesar de ter aínda idade junior, meteuse na final a 8 e loitou polas medallas, pero cedeu no asalto polo podio ante a madrileña Sandra Marcos acabando na sétima posición final, que supón a mellor clasificación histórica da Escola Hungaresa no sabre absoluto feminino.
Ademais de Natalia, Ana Barros concluíu no posto 22, mentres Michelle Estévez, no seu debut na categoría, non conseguiu ningunha vitoria e non entrou no cadro de eliminación directa.
Pola súa banda na categoría masculina competiu Ignacio Pastor, que superou a fase previa e a primeira eliminatoria, pero cedeu no cadro de 32 tiradores ante Carlos Olmedo, do Club de Esgrima de Madrid, por 15 tocados a 11. Un resultado positivo na cita que supoñía tamén a súa estrea na categoría absoluta.
Relacionadas:
-
A Escola Hungaresa de Pontevedra copa o podio no Campionato Galego de Esgrima
Por Redacción |
-
Natalia Fernández, bronce no torneo júnior de esgrima de Barcelona
Por Redacción |
-
Medalla de bronce para Pablo Moreno no Campionato de España de Esgrima
Por Redacción |
-
Lucas Campos e Pilar Garnelo, campións do Criterium Nacional de esgrima
Por Redacción |