Reforzos para o equipo de División de Honra da Gimnástica
Por Redacción
Despois de anunciar unha importante renovación nos seus equipos, a Sociedad Gimnástica deu a coñecer as primeiras altas para o seu equipo masculino, que competirá por undécima tempada consecutiva na máxima categoría do atletismo nacional.
Entre as incorporacións destacan no sector de velocidade David Abalde e Nicolás Ramil, procedentes do Real Club Celta de Vigo, e tamén Francisco Rodríguez, que militaba no Atletismo Riazor Coruña.
Para o mediofondo a Gimnástica recrutou a Jesús Álvarez, José Fernando Díez e Carlos Porto, sendo este último un atleta que conta cun importante historial deportivo en categorías menores, nas que conseguiu varias medallas en campionatos de España.
Ademais en triplo salto incorpórase Pablo Brieva, Alfredo González nos obstáculos e Francisco López nos 110 valos, onde conseguiu no pasado dous bronces nacionais en 60 e 110 metros, ademais dun quinto posto no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta.
A GIMNÁSTICA, MELLOR CLUB GALEGO DO RÁNKING NACIONAL
A Real Federación Española de Atletismo publicou o ránking nacional de clubs, na que se ten en conta os resultados da tempada desde a categoría cadete ata a absoluta tanto en probas ao aire libre como en pista cuberta e en diferentes modalidades atléticas.
Nesa listaxe a Gimnástica ascende dous postos, ata o 25 grazas aos 121 finalistas que acumulou ao longo do ano, o que lle confirma como o mellor club galego por encima do Ría de Ferrol.
Ademais a Federación publicou a listaxe de clubs asociados. Neste aspecto contará coa Escola Atlética Lucense como filial tanto en categoría masculina como feminina. Ademais o Club Atletismo Sada asociarase cos pontevedreses esta tempada en categoría feminina e o Lugo Running Club na veterana.
Relacionadas:
-
Alcorcón, sede da primeira xornada de liga para os equipos da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica estará por sexto ano consecutivo na Copa do Rei de atletismo
Por Diego Espiño |
-
Catro reforzos para o equipo feminino da Gimnástica no seu regreso á Primeira División
Por Redacción |
-
A canteira da Gimnástica, en plena forma
Por Redacción |
-
Longa lista de baixas nos equipos da Gimnástica para afrontar unha nova tempada
Por Redacción |
-
Formación de nivel para os adestradores da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica volve ao tallo
Por Redacción |