O CW Pontevedra sitúase líder tras derrotar (29-12) o RCN Vigo
Por Redacción
Non é habitual ver un tenteo tan elevado nun partido de waterpolo -41 goles en total-, pero se algo demostra o último partido disputado polo CW Pontevedra é que o título de liga está ao seu alcance.
Os pontevedreses deron todo un golpe de autoridade ao derrotar ao RCN Vigo, ata agora líder da Primeira División, por un contundente 29-12.
A pesar de non estar moi acertados en defensa, con 12 goles encaixados, os locais fixeron un bo traballo en ataque, excepto no terceiro cuarto onde baixaron a intensidade.
Desde o club destacan ademais o labor do porteiro xuvenil Pablo Sueiro, que por segunda xornada ocupou a portería pontevedresa ante a baixa do porteiro titular Pablo Seoane.
CW Pontevedra (29): Sueiro, Rober (3), Manu, Rubén (4), Iago (5), Mauro (1), Ángel (1), Aarón (5), Miguel (1), Guille (1), Bran (2), Pablo (4) e Montojo (1).
RCN Vigo (12): Portela, Infestas, González, Parra (1), Lago, Lafuente (1), Agulla (1), Fernández (3), Loureiro (1), Carreira (5), Robleda, Solano e Arias.
Parciais: 9-2, 7-3, 3-4, 9-3
Incidencias: Partido disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.