O Galaico xunta case 500 nadadores na piscina de Ponte Muíños
Por Redacción
O Complexo Deportivo Rías do Sur reuniu a pasada fin de semana uns 480 nadadores para participar en dous días de intensa competición.
A primeira proba foi, o sábado 12, a primeira xornada da liga promesas Pinturas Alborada. Nela, participaron un total de 113 nadadores dos anos 2008 e posteriores de seis clubs: o CN Galaico, o CN Baixo Miño, o CN Ponteareas, o CN Sanxenxo, o CN Boiro e o CN Villagarcía.
Nesta xornada os participantes nadaron os 25 metros libres e a substitución 4x50 libres.
Xa pola tarde foi a quenda da primeira xornada da liga alevín, composta por 103 nadadores de 10 clubs: o RCN Vigo, o C Tenis Codesal da Garda, CN Rias Baixas, CN Galaico, CN Redondela, CN Ponteareas, CN Sanxenxo, CN Salnes, CN Mos e o CN Villagarcía.
Nadaron 400 libres masculino e feminino, 200 braza masculino e feminino, 200 estilos masculino e feminino, ademais dos relevos 4x100 estilos feminino e 4x100 libres masculino.
Para o domingo quedou a primeira xornada da liga master de natación. Foi unha proba repleta de nadadores, un total de 264 de 17 clubs de toda a xeografía galega.
Nesta última destacou a actuación do CN Galaico que este ano conta entre as súas filas con preto de 75 nadadores master, categoría que abarca desde os 20 anos en diante. O nadador máis veterano desta xornada naceu no ano 1937.