Un torneo de fútbol base para homenaxear a Tucho de la Torre
Por Redacción
A Escola de Fútbol Vila de Marín, en colaboración co Concello de Marín, organizará por segundo ano un torneo de fútbol-8 en homenaxe de Tucho de la Torre, ex-futbolista de equipos como Celta de Vigo, Sevilla, Zaragoza ou Deportivo, entre outros.
A competición, en idade prebenxamín e benxamín, reunirá a algunhas das mellores canteiras galegas.
Entre os asistentes está confirmada a presenza de RCD Deportivo da Coruña, RC Celta de Vigo, EF Portero 2000, Pabellón Ourense ou Alondras.
O torneo, que foi presentado este luns no Concello, celebrarase coincidindo cos días festivos da ponte da Constitución, o martes 6 e o xoves 8 de decembro, no campo municipal de San Pedro en horario de 9:00 a 20:30 horas.