O Cisne, a recuperar o seu nivel ante o Nava
Por Redacción
Manter a súa boa liña na súa pista é o objetico do Club Cisne na visita este mércores (20:15 horas) do Nava ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Tras o duro correctivo encaixado en Torrelavega, onde non lles saíu nada, os pontevedreses queren recuperar o seu nivel para seguir pelexando na parte nobre da clasificación.
Nunha tempada moi igualada na División de Honra Prata e con tres equipos como Palma del Río, Zamora e Teucro destacados na loita polo ascenso directo, as dúas últimas prazas de play-off están agora a un só punto de distancia tras o bo inicio ligueiro do Cisne.
Por iso os de Jabato queren manter a ilusión, e para iso necesitan volver mostrar os seus sinais de identidade en ataque e tentar mellorar na parcela defensiva ante un rival, o Nava, que a pesar de ser décimo segundo con nove puntos chega á cita en fase de recuperación despois dun inicio de liga afastado das súas expectativas.
Os colexiados do encontro serán os galegos Rosendo López e Rodríguez Estévez.
Relacionadas:
-
O Cisne exhibe a súa "cara B" a domicilio e cae en Zarautz (26-24) fronte a Amenabar
Por Redacción |
-
Malleira do Cisne ao BM Nava (30-18) para subirse ao tren de cabeza
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Dura derrota dun Cisne ao que non lle saíu nada en Torrelavega (33-23)
Por Redacción |
-
Festival ofensivo do Cisne, que non dá opción ao Tolosa (40-35) e segue crecendo na liga
Por Diego Espiño & Diego Torrado |