O Arxil afúndese no último cuarto e cae na súa visita ao pechacancelas Universidad de Oviedo (75-66)
Por Redacción
Acusou o Arxil as baixas e a escasa profundidade do seu banco, cultivando unha dolorosa derrota en Oviedo fronte ao pechacancelas Universidad, nun partido moi igualado, que se resolveu no último cuarto, cando as de Mayte Méndez foron incapaces de manter o ritmo anotador e non puideron frear a Joy Alexis Brown, autora de 35 puntos, con 12 rebotes e un extraordinario 46 de valoración, que resultou clave para o resultado final.
O partido estivo presidido pola igualdade nos tres primeiros cuartos, con alternativas mínimas para ambos os conxuntos. O Arxil impoñíase nos primeiros 10 minutos (17-18), pero cedía no segundo cuarto (21-20) para irse ao descanso con empate no marcador (38-38).
Con todo por decidir, o terceiro parcial (15-16) deixaba as espadas no aire (53-54), pero o desacerto nos triplos (2 de 16) volveu condenar unha xornada máis ao equipo pontevedrés, no que unicamente catro das súas xogadoras (Ana María Román, Andrea Carreira, Minata Keita e María Lago) conseguían anotar, o que permitiu ao equipo asturiano impoñerse (22-12) para terminar gañando (75-66) e afastar ás verdes das primeiras posicións.
Polo Arxil, destacar a actuación individual de Minata Keita e María Lago, con 28 e 25 puntos, e unha excelente valoración de 31 e 21, insuficiente para suplir a escasa achega do resto do equipo.
Consulta aquí as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
A escolta compostelá Arantxa Mallou incorpórase ao Arxil
Por Redacción |
-
Derrota en Lugo dun Arxil que paga o seu mal inicio de partido fronte a Ensino (68-57)
Por Redacción |
-
Inicio da segunda volta para un Arxil que segue pendente do mercado
Por Redacción |
-
Volta á competición ligueira para un Arxil que viaxa a Oviedo baixo mínimos
Por Redacción |
-
Apuros económicos no Arxil tras a 'espantada' de Waleska Pérez
Por Diego Espiño |
-
O Universitario Ferrol, demasiado rival para o Arxil no Cidade de Pontevedra (63-81)
Por Redacción |