Un apagamento e un minuto fatídico non desconto cústalle a derrota ao Villalonga en Cerceda (2-0)
Por Redacción
Esta vez non puido ser. O Villalonga acariñou de novo a sorpresa noutro dos campos máis complicados da categoría como O Roxo, pero terminou cedendo ao encaixar dous goles en apenas un minuto, cando o partido xa entrara no tempo engadido e o Cerceda mostrábase incapaz de superar o excelente traballo defensivo do equipo celeste, ao que afectou especialmente un inoportuno apagamento eléctrico que obrigou a suspender o partido durante case dez minutos.
Aínda que resultará imposible saber se esa interrupción foi a causa da derrota dos celestes, o certo é que o cadro local aproveitou ben ese "tempo morto" regresando ao cesped coas ideas máis claras, logrando tres puntos importantísimos que lle permiten manterse en zona de play-off.
Os de Antonio mereceron mellor sorte. Despois dunha primeira parte con lixeiro dominio territorial, que o Villalonga, moi serio sempre no seu traballo defensivo liquidou sen problemas, na segunda os visitantes dispuxeron mesmo dalgunha oportunidade para poñerse por diante, especialmente nun remate de Padín que salvou milagrosamente o meta local, Marcos Valin, ata que se foi a luz eléctrica e acendéuselle a inspiración ao Cerceda.
Con todo, parecía que o empate non se movería, ata que chegou o primeiro gol de Uxío, xa no desconto. Antonio mandou aos seus arriba á desesperada, pero saíulle ao revés a xogada, perdendo o balón e dando lugar a unha contra, case na seguinte acción, na que de novo Uxió marcaba, sentanciando o partido.
Consulta aquí o acta do Cerceda-Villalonga.
Relacionadas:
-
Gañan con autoridade Arosa e Villalonga, bo empate do Ribadumia e derrota dun Céltiga que se complica
Por Redacción |
-
Empatan Arosa a domicilio e Ribadumia na Senra e cae o Céltiga no Salvador Otero
Por Redacción |
-
Golea o Arosa, derrota con polémica do Villalonga en San Pedro, Ribadumia empata a domicilio e cae o Céltiga
Por Redacción |
-
O Villalonga faise forte fronte aos grandes, importante triunfo do Céltiga e derrotas de Arosa e Ribadumia
Por Redacción |
-
Pleno de triunfos para Arosa, Villalonga, Ribadumia e Céltiga
Por Redacción |