Poio inaugura o seu ano de eventos deportivos co XI Dúatlon Cros en Samieira
Por Diego Espiño
Samieira será escenario o vindeiro domingo, 5 de febreiro, da undécima edición do Dúatlon Cros organizado polo ClubTriatlón Poio.
A cita servirá para inaugurar o calendario de eventos deportivos no municipio, nunha edición que está catalogada ademais como Campionato Galego desta especialidade deportiva.
Os participantes, ao redor de 70 deportistas, afrontarán un percorrido "por terreos de sendeiros e asfalto" de 6 quilómetros a pé, 19,5 quilómetros en biciclieta e outros 3 quilómetros de carreira a pé final.
"Imos tentar telo nas mellores condicións posibles", recoñeceu o presidente do club organizador, Alfonso Gondar, tendo en conta a previsión de choivas destes días que previsiblemente endurecerá a competición.
A proba dará saída ás 11:00 horas desde as inmediacións do campo de fútbol de Samieira.