Póvoa de Varzim e Castelló, escenario de bos resultados para o Galaico
Por Redacción
Notable fin de semana para os deportistas do Club Natación Galaico, repartidos en varias competicións de nivel.
Un dos puntos de atención foi o Meeting Internacional Póvoa de Varzim, ao que acudiu o grupo de adestramento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Paula Goyanes e Lara Gómez Cortés colaboraron no terceiro posto por equipos logrado na clasificación final.
Ademais Carla Goyanes acudiu á cita convidada pola Escola Deportiva Viana, con quen competiu como cedida logrando a marca mínima para o campionato nacional nos 400 estilos.
Por outra banda en Castelló disputouse o Campionato de España Infantil e Junior por Comunidades Autónomas, ao que acudiron Clara Otero, Águeda Cons, Pablo Juncal e Juan David Hernández.
Ademais do quinto posto final da Selcción Galega, Águeda Cons nadou por baixo da marca mínima para o Campionato de Europa e do Mundo Junior nos 800 libre, aínda que deberá referendar a marca no Campionato de España da súa categoría ou no Open de Primavera en Pontevedra, e conseguiu a mellor marca galega nos 400 libre (4:15.39).
Tamén Pablo Juncal conseguiu boas marcas ao lograr a mínima para o Campionato de España de Xixón nos 100 libre e rebaixar os seus rexistros nos 50, 100 e 200 libre.