O cros adaptado faise visible na Illa das Esculturas
Por Redacción & Mónica Patxot
A Illa das Esculturas converteuse este mércores nunha pista de atletismo cun dobre obxectivo, gozar do deporte e visibilizar a discapacidade.
Alí celebrouse o Campionato Galego de Atletismo Campo a Través organizado pola Federación Galega de Deportes Adaptados (FGDA).
Preto de 200 deportistas de 12 clubs competiron nunha xornada que se desenvolveu desde as 11:00 ata aproximadamente as 13:00 horas.
O campionato dividiuse en dous niveis de competición, adaptado ou xogo, en ambos os casos con probas escolares e federadas ata facer un total de 12 categorías.