Poio recupera uns meses despois a OktoberBike de BTT
Por Redacción
Foi suspendida no seu momento "por motivos de participación", recoñecen desde o Concello de Poio, pero decidiron volver tentalo avanzado o mes de marzo.
O vindeiro domingo 19 de marzo a OktoberBike Campelo de BTT vivirá a súa primeira edición.
Farao con máis de 150 ciclistas inscritos para unha ruta de 40 quilómetros de percorrido por pistas forestais e carreiros de Campelo, Monte Castrove, Lourido e Monte do Castro.
A saída da proba terá lugar ás 9:00 horas na Praza da Granxa de Campelo, lugar tamén da chegada.
Un euros de cada inscrición (12 en total) será entregado á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG), e cada corredor poderá gozar dunha invitación para trocar por salchichas e cervexa ou refrescos lembrando ao formato inicial co que se pensou a ruta, vinculada á Oktoberfest de Campelo.