A opción de participar no Nacional esfúmase para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
Duro pau para o Club Waterpolo Pontevedra, que aspiraba a lograr un dos dous billetes para o Campionato de España de 3ª Categoría pero que se viu relegado á terceira posición da liga regular.
A falta dunha xornada de competición, o club pontevedrés perdeu a segunda praza tras caer ante un rival directo, o CW Santiago (6-7).
Só un milagre faría agora recuperar a segunda posición e por tanto a opción de xogar a fase de ascenso, xa que na última xornada tanto o líder Coruña como o propio Santiago afrontarán partidos a priori alcanzables.
Ante o equipo compostelán o Waterpolo Pontevedra fixo un bo partido pero pecou de falta de puntería en ataque, con numerosos lanzamentos ao pau ou por fóra que terminaron sendo decisivos. O marcador mantívose igualado desde o primeiro cuarto e ata o final, só se decidiu por pequenos detalles.
Se a liga regular finaliza así, os de Javi de Sáa xogarán ante o mesmo rival, o CW Santiago, a semifinal polo título galego nunha eliminatoria ao mellor de tres partidos na que non contará con vantaxe de campo.