Empate insuficiente para o Portonovo en Gondomar e derrotas de Sanxenxo e Unión Grove
Por Redacción
A permanencia séguese complicado para o Portonovo tras non pasar do empate no difícil campo do Gondomar (1-1).
Os arlequinados ven como os seus rivais aumentan a vantaxe na clasificación, despois dun partido no que mostraron unha gran imaxe pero no que acabaron sendo penalizados pola expulsión de Aguín aos 75 minutos.
Ata ese momento o Portonovo dominara o encontro grazas ao tanto de Fraga aos 26 minutos, pero non puido aguantar en inferioridade e terminou cedendo o empate no tramo final.
O Portonovo segue na décimo oitava posición con 30 puntos, a 4 xa do equipo que lle precede na táboa.
Consulta a acta do Gondomar-Portonovo.
Derrota do Xuventú Sanxenxo, que se viu sorprendido en Baltar de Arriba polo Nogueira de Ramuin (0-1).
Os amarelos buscaron o triunfo nun duelo igualado que se decidiu nos últimos minutos cun solitario gol de Roberto Gómez para os visitantes no minuto 73.
Co empate o Sanxenxo queda décimo terceiro con 41 puntos.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-Nogueira de Ramuín.
Tamén perdeu o Unión Grove, no seu caso de maneira clara a domicilio ante un Ourense (4-0) que non renuncia ás súas opcións de ascenso.
Un triplete de Wadir, con dous goles en tramo inicial do encontro, resultaron decisivos ante un Grove que xa non puido reaccionar. O cadro meco queda agora na duodécima posición con 41 puntos.