Pontevedra nunca se rende
Por Diego Espiño
Sete anos é demasiado tempo. O Pontevedra Club de Fútbol regresa este sábado (20:00 horas, TVG2) ao seu lugar, a pelexa polo ascenso a Segunda División, recibindo ao Real Murcia na ida dos cuartos de final do play off.
O Estadio Municipal de Pasarón está listo para acoller unha gran xornada de fútbol na que os granates queren demostrar que a súa ilusión pode con todo, tamén co potencial dun cadro pimentonero deseñado co único obxectivo de ascender.
Do mesmo xeito que o "Pontevedra nunca se rende" que entoa a inchada pontevedresa, o equipo adestrado por Luisito promete entrega absoluta para tentar dar unha alegría aos seus afeccionados nunha eliminatoria que, aseguran, decidirase no partido de volta.
O técnico granate, que blindou durante a semana as sesións de adestramento, di ter claro cal será a súa formulación inicial ante un equipo murciano que chega no seu mellor momento da tempada.
Luisito convocou a todos os xogadores dispoñibles do primeiro plantel e deberá realizar un descarte antes do choque, sendo as únicas ausencias os lesionados Mario Barco e Capi.
Pola súa banda o Real Murcia chega á cidade de Lérez coa baixa por lesión de Isi e sen Alberto López, Fran Morante e Rubén Ramos por decisión técnica. Os de Vicente Mir chegaron o xoves a última hora a Moaña, onde montaron o seu cuartel xeral buscando maior tranquilidade.
O cadro pimentonero non estará só en Pasarón, xa que chegará acompañado dun cento de afeccionados na viaxe organizada pola Federación de Peñas Murcianistas.
O colexiado do encontro será o asturiano Pablo Fernández Pérez, que esta campaña xa se cruzou co Pontevedra no choque da primeira volta de liga ante o Mutilvera, na que o resultado foi un contundente 3-0 a favor dos granates.
Relacionadas:
-
A contundencia e oficio do Real Murcia deixan ao Pontevedra a mercé dun milagre (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Froiz reparte 1.000 entradas 'xove' para o Pontevedra-Murcia
Por Redacción |
-
Ascender co Pontevedra, co Celta ou gañar o Mundial: Que recordo emociona máis ao doutor Cota?
Por Diego Espiño |
-
Optimismo granate antes da primeira batalla polo ascenso: "Vamos a lucharlo hasta el final"
Por Diego Espiño |
-
Así é o Real Murcia, un xigante que loita por volver á elite
Por Diego Espiño |
-
Luisito: "Necesitamos o estadio ata a bandeira"
Por Diego Espiño |