Verducido acolle a súa primeira gran competición do ano de piragüismo en pista
Por Diego Espiño
A pista de piragüismo David Cal Pontillón do Castro, en Verducido, prepárase para acoller a súa primeira gran competición da tempada de pista, a Copa de España de 200 e 500 metros.
Serán dous días de competición, o sábado 27 e o domingo 28 de maio, no que se darán cita 472 deportistas de 75 clubs nacionais, 26 deles galegos, na categorías senior e junior de kaiak e canoa.
"Van a ser unhas carreiras de moitísimo nivel", avisa o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, no que supón "a antesala do gran evento que teremos no mes de xullo, o Campionato de España", explicou na presentación da Copa xunto á concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro.
Aínda que algúns clubs, como o Poio Pescamar entre outros, víronse afectados pola coincidencia na data coa Copa do Mundo que se celebra en Hungría, na que estarán Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, os padexeiros galegos e pontevedreses aspiran a copar as primeiras posicións da clasificación.
O Kayak Tudense e o Breogán do Grove chegan á cita como líderes da Liga Nacional Sprint nas categorías masculina e feminina respectivamente.
As primeiras regatas da Copa de España disputaranse a partir das 8:30 horas do sábado, mentres a xornada de tarde arrincará ás 17:00 horas. Pola súa banda o domingo a competición desenvolverase entre as 8:30 e as 14:00 horas.
Relacionadas:
-
Segundo posto para o Breogán do Grove na Copa de España de Piragüismo en Verducido
Por Redacción |
-
Tripla medalla pontevedresa na Copa do Mundo de Piragüismo de Montemor O Velho
Por Redacción |
-
Óscar Graña e Ramón Ferro agrandan a súa lenda co seu décimo título nacional de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos e Jenifer Casal, campións de España de piragüismo maratón
Por Alejandro Espiño |
-
Adrián Sieiro renunciará a competir no C-1 do Europeo de piragüismo
Por Diego Espiño |