Adrián Sieiro e Sergio Vallejo báñanse en bronce na Copa do Mundo de Szeged
Por Redacción
Broche de bronce para a participación dos pontevedreses Adrián Sieiro e Sergio Vallejo na Copa do Mundo de Piragüismo celebrada na localidade húngara de Szeged.
Despois de ser quintos nunha apertada final do C-2 1.000 metros o sábado, distancia na que aspiran a seguir progresando cos Xogos de Tokyo no horizonte, este domingo completaron a sñua participación en Hungría nos 500 metros.
Sieiro e Vallejo foron terceiros na final da distancia non olímpica do C-2 500 metros cun tempo de 1:41.497, quedándose a menos de dous segundos dos vencedores, os rusos Melantev e Shtyl.
Os padexeiros do Piragüismo Poio Pescamar colaboraron así nunha sobresaliente Copa do Mundo para a Selección Española, que pechou a competición con sete medallas: un ouro, dúas pratas e catro bronces.