Boa Vila Basket, novo club deportivo na cidade
Por Redacción
Un novo club de baloncesto viu a luz na cidade, o Boa Vila Basket.
Trátase dun proxecto "formado por profesionais do baloncesto con moita ilusión", sinalan os seus impulsores.
Detrás do club están persoas como Fernando Gallego, impulsor fai tres anos do CAB Pontevedra e adestrador anteriormente no Baloncesto Estudiantes Pontevedra, Fernando Otero, Denís Losada ou José Barreiro.
O Boa Vila Basket arrinca "centrado empezar forte desde a base, ensinando os valores que o deporte en equipo promove", para o que contará, aseguran, con adestradores titulados, aínda que no horizonte pensan en "algún día, ter un equipo de baloncesto referente en Pontevedra que ilusione aos nenos e nenas".
Este club pasa a formar parte da oferta deportiva da cidade nunha modalidade, o baloncesto, no que tamén traballan o Club Baloncesto Arxil, Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra e CAB.