O Europeo de Maratón en Portugal, reto para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción
A localidade portuguesa de Ponte de Lima será escenario desde este xoves do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, tomando a testemuña de Pontevedra tras a súa organización en 2016, no que é un dos principais obxectivos da tempada para os padexeiros da provincia xunto ao próximo Mundial da especialidade.
O piragüismo pontevedrés parte un ano máis con claras opcións de medalla, sobre todo na canoa, onde Tono Campos (Breogán do Grove) defende o dobrete logrado en Pontevedra no C-1 e no C-2 xunto a José Manuel Sánchez.
Na canoa dobre parten tamén como aspirantes a todo o pontevedrés Óscar Graña e o arounán Ramón Ferro, actuais campións de España e subcampións continentais, completando a nómina de favoritos as embarcacións húngaras.
Outro que parte co obxectivo de loitar pola vitoria é o pontevedrés Álvaro Fwernández Fiuza xunto ao seu compañeiro, o asturiano Walter Bouzán, no K-2.
Jennifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra) e Lara Outón (Breogán), medallista xuvenil hai un ano en Pontevedra, serán as representantes españolas no C-1 senior, mentres Damián González (Piragüismo Verducido) estará no C-1 sub-23, Tania Álvarez (Breogán) no K-1 sub-23 e Jaime Duro e Álvaro López (Ciudadde Pontevedra) no C-2 xuvenil.
A competición iniciarase o xoves coa modalidade individual en categoria xuvenil, continuará o venres coas probas sub-23 e deixará as regatas senior para a fin de semana, repartidas entre o sábado e o domingo.
Relacionadas:
-
Tono Campos e José Manuel Sánchez revalidan o seu título de campións europeos de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos e Jenifer Casal, primeiras medallas pontevedresas no Europeo de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Óscar Graña e Ramón Ferro agrandan a súa lenda co seu décimo título nacional de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos e Jenifer Casal, campións de España de piragüismo maratón
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Óscar Graña: "É a segunda vez que me tildan de heroe e eu considero que non"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Óscar Graña volve rescatar unha muller que se estaba a afogar no río Lérez
Por Natalia Puga |
-
O Ciudad de Pontevedra, profeta na súa terra na Copa de España de piragüismo maratón
Por Redacción & Diego Torrado |