Pontevedra recupera 'circuitada' ciclista
Por Diego Espiño
As rúas do centro da cidade volverán vivir a emoción dunha proba ciclista coa estrea do Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra, organizado polo Club Ciclista Farto.
Esta proba recupera para a cidade o formato de 'circuitada' do extinto Trofeo Virxe Peregrina, e celebrarase o vindeiro sábado 8 de xullo desde as 16:00 horas.
Trátase dunha competición pensada para as categorías de base, polo que contará con carreira cadete, xuvenil e de escolas, pero tamén terá espazo para as categorías sub-23 e elite.
Con saída na Praza de España, habilitarase un circuíto de 1,8 quilómetros que pasará por Santa María, Travesía da Galera, Avenida de Bos Aires, Cobian Roffignac, Peregrina e Michelena antes de volver ao momento inicial.
"Se estaba perdiendo el ciclismo de escuela y de base en Pontevedra", argumenta Abel Farto para recuperar unha competición na que esperan reunir a preto 300 participantes entre todas as categorías.
O número de voltas ao circuíto varía en función da categoría ata un máximo de 16, coa particularidade de que a categoría élie disputará dúas quendas, unha de fondo e outra en formato eliminatorio, sendo a última delas a que pechará a xornada a partir das 19:00 horas.