Renovación no Arxil, que acorda a continuidade de Cristina Díaz-Pache
Por Redacción
Sen présa pero sen pausa o Arxil avanza na composición do seu primeiro plantel, e este venres anunciou a renovación de Cristina Díaz-Pache.
A xogadora, que pode actuar nos postos de aleiro ou ala-pívot, foi a pasada campaña a sexta xogadora máis utilizada por Mayte Méndez con 20 minutos de media por encontro, alternando a súa presenza no primeiro equipo con aparicións no filial.
Será a sétima tempada na que Cristina defenderá a camiseta do club verde, ao que chegou procedente do Universitario de Ferrol no seu primeiro ano senior coa intención de iniciar estudos superiores no campus pontevedrés.
Grazas á súa polivalencia, foi ano a ano gañando peso no equipo e formará parte do plantel de Liga Feminina 2.
Cristina Díaz-Pache únese así á renovadas María Lago, Arantxa Mallou e Carla Fernández e á fichada Tatiana Mosquera, xogadoras confirmadas polo momento polo Arxil para o seu próximo proxecto deportivo.
Relacionadas:
-
Ana Román, renovada nun Arxil que avanza para pechar o plantel da próxima tempada
Por Redacción |
-
A alero Charles Chantel ficha polo CB Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil comezará a liga na casa fronte o Siglo XXI catalá
Por Redacción |
-
Alivio no Arxil por evitar aos equipos canarios na repartición de grupos da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil cumpre cos requisitos da FEB e inscríbese en Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil renuncia ao ascenso do seu filial a Primeira Nacional
Por Redacción |
-
María Lago renova e cumprirá o seu sétimo ano no Arxil
Por Redacción |
-
A pívot colombiana Tatiana Mosquera ficha polo Arxil
Por Redacción |
-
Arantxa Mallou seguirá unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |
-
Carla Fernández, primeira renovación no Arxil
Por Redacción |
-
Mayte Méndez seguirá outro ano máis á fronte do Arxil
Por Redacción |