Figueirido, escenario do primeiro Campionato Galego de BTT 'Eliminator'
Por Diego Espiño
"Es una prueba muy vistosa de cara al público". Dio Lucía Vázquez, unha das mellores bikers nacionais e anfitrioa en Vilaboa no que será o primeiro Campionato Galego de Cros Country Eliminator (XCE).
Trátase dunha modalidade vistosa na que os incritos, ao redor de 100 ciclistas, completarán primeiro unha contrarreloxo dunha só volta ao circuíto (de case 1 quilómetro) para enfrontarse despois en eliminatorias directas os 32 mellores.
Esas eliminatorias consistirán nunha volta ao percorrido na que os dous primeiros pasarán de rolda e os dous últimos quedarán fóra de competición ata chegar á gran final.
O punto central do Campionato, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo, será o campo de fútbol de Figueirido, coa contrarreloxo prevista ás 16:30 horas e as eliminatorias a partir das 18:30 horas. Antes celebrarase tamén unha competición de base para as categorías infantil e cadete.
"Es el último de los cinco campeonatos gallegos de BTT celebrados esta temporada", explicou Begoña Carpinteiro, representante da Federación Galega de Ciclismo na presentación do evento. A cita, situada no calendario unha semana antes do Nacional, servirá ademais para coñecer aos representantes galegos desta modalidade no Campionato de España de Valencia.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez e Mauro González reinan no espectáculo do BTT 'Eliminator'
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez e Manuel Parada, vencedores no Open Galicia de XCO de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha fin de semana redonda para a biker Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez e Manuel Parada vencen na estrea de BTT-XC Ría de Marín
Por Redacción |
-
Manuel Pellón e Lucía Vázquez, reis galegos do descenso en BTT
Por Redacción |