O Cidade de Pontevedra, descontento coa composición de grupos da Segunda División Feminina
Por Redacción
Na súa segunda tempada na Segunda División Feminina de fútbol sala, o Cidade de Pontevedra cambiará de grupo, tal e como esperaba, pero a satisfacción pola nova non foi plena.
A pesar de que todos os clubs galegos solicitaron ao Comité Nacional, por medio da Federación Galega de Fútbol, competir no mesmo grupo, a Federación Española optou por dividilos en dous.
Desta forma o Cidade de Pontevedra quedou encadrado no Grupo IV (o ano pasado estaba no I) xunto aos tamén galegas Viajes Amarelle, Fisober e O Pirata Moaña e xunto aos equipos madrileños (Colmenarejo, San Fernando, Futsi Atlético B, Unión Tres Cantos, Alcorcón B, Majadahonda e ADAE Simancas), castelán-manchegos (Mora, Chiloeches e Escuela Ciudad de Guadalajara) e castelán-leoneses (Unami e Universidad de Valladolid).
Un total de 16 equipos dos cales descenderán de categoría os tres últimos clasificados ao final da liga regular.
Nesta ocasión os equipos galegos que competirán cos clubs da zona norte de España serán Valdetires e A Fervenza, ambos de Ferrol, e que terán como rivais a equipos Aragón, Navarra, A Rioxa, Cantabria, País Vasco e Asturias no Grupo I.