Carreira Popular de Santiaguiño do Burgo, a virtude de non cambiar o que funciona
Por Diego Espiño
Puntual á súa cita, a Carreira Popular Santiaguiño do Burgo cumpre 21 anos o vindeiro martes 25 de xullo apostando por continuar coa fórmula que tan ben funcionou nos últimos anos.
"Non variamos distancia nin percorrido porque ten ese encanto de correr polas marismas", sinalou na presentación da proba Juan Romero, representante da Gimnástica, xunto a Rafael Sánchez 'Fis', da Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
A proba absoluta, penúltima do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, disputarase ás 11:00 horas con saída e chegada na ponte do Burgo cun percorrido de 6,5 quilómetros que mestura asfalto e terra para penetrarse na Xunqueira de Alba.
"El entorno más bonito no puede ser", engadiu Fis.
Media hora antes, ás 10:30 horas, terán lugar as carreiras de categorías inferiores, para as que é posible inscribirse o propio martes. Non así para a carreira senior cuxo prazo de anotación finaliza ás 23:59 horas do domingo na web www.championchipnorte.com.
A organización espera reunir o martes a preto de 700 atletas, que poderán retirar os seus dorsais de 8:30 a 10:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes.
Relacionadas:
-
A carreira do Santiaguiño do Burgo xa ten gañadores: Manuel Hurtado e Leticia Fernández
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Cando 'correr salva vidas' en Pontevedra
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Víctor Riobó e Leticia Fernández reinan na dureza da Carreira Pedestre de Campañó
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Monte Porreiro, barrio de 'runners'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Elías Domínguez e Mari Ángeles Castro vencen na espectacular estrea da Urban Trail Night
Por Diego Espiño & Diego Torrado |