Sporting de Gijón, un rival de altura en Pasarón para o torneo Ciudad de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O Pontevedra CF continúa coa súa preparación para a próxima tempada e o seu próximo rival será un histórico do fútbol español, o Sporting de Gijón. O conxunto asturiano visitará Pasarón este mércores 2 de agosto, a partir das sete da tarde, para participar na XLI edición do torneo Cidade de Pontevedra.
A presidenta do club, Lupe Murillo, espera que a afección responsa igual de ben que no trofeo Luís Otero, que enfrontou ao Pontevedra co Deportivo da Coruña con 3.000 persoas nas bancadas.
"Siempre buscamos algo interesante", explicou, para os dous torneos estivais que se disputan en Pasarón, para que os afeccionados vexan en acción por vez primeira ao equipo.
Aínda que a pretemporada acaba de comezar e o Pontevedra tan só disputou dous partidos amigables, Murillo cre que "las cosas se están haciendo relativamente bien" e avanzou que, en breve, haberá algunha nova fichaxe para completar o plantel.
"Las sensaciones son buenas", recoñeceu a presidenta, que entende que a preparación é complicada xa que "la mitad del equipo es nuevo" e os xogadores que chegaron "tienen que hacerse al equipo y a la ciudad".
A pesar diso, dixo, "hay buen ambiente en el vestuario y la gente está contenta".
As entradas para o partido contra o Sporting de Gijón teñen un prezo idéntico ao do trofeo Luís Otero. Custarán oito euros en norte e sur, doce en preferencia e dezaseis en tribuna. Para o público infantil e xuvenil serán tres e cinco euros respectivamente.
Relacionadas:
-
O Pontevedra derrota a Coruxo e Arosa e adxudícase o XLVIII Trofeo Carneiro ao Espeto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Celta B, Bouzas e Cerceda, arranque galego para o Pontevedra nun novo ano na Segunda B
Por Alejandro Espiño |
-
Demasiado Deportivo para un voluntarioso pero verde Pontevedra no Luís Otero (0-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |