O debut de Pontevedra na liga contra o Celta B, en horario matinal
Por Alejandro Espiño
Xa sabía o rival ao que se ía a enfrontar no seu debut ligueiro, o Celta B, pero agora o Pontevedra CF xa coñece tamén que o primeiro partido da tempada 2017-2018 será en horario matinal. O choque entre ambos os equipos, que se celebrará no campo vigués de Barreiro, será o 20 de agosto ás doce da mañá.
Así o comunicou o equipo vigués á Federación Española de Fútbol.
Para este choque, o Pontevedra apurará esta fin de semana a súa preparación. Farao cos dous últimos partidos amigables que disputará nesta pretemporada.
O primeiro será na localidade ourensá de Celanova, onde os granates desprazaranse este sábado 12 de agosto para enfrontarse ás oito da tarde á UD Ourense, equipo recentemente ascendido á Rexional Preferente.
Para o domingo está sinalado o choque co Marcón, último test para o Pontevedra. O partido disputarase ás oito da tarde no campo do Carrasco.
Para este último, a entrada custará cinco euros a todos os que non sexan socios do Marcón.