A Milla Urbana de Sanxenxo supérase
Por Redacción
Na que supoñía a súa XVIII edición, a Milla Urbana de Sanxenxo superou todas as expectativas ao alcanzar a cifra de 400 participantes entre as súas diferentes categorías.
O Paseo de Silgar foi unha festa do deporte nunha proba que, como novidade, estaba federada.
O gañador na carreira absoluta masculina foi o marinense Víctor Riobó por sexto ano consecutivo, cun tempo de 4 minutos e 30 segundos.
Pola súa banda a flamante mundialista Solange Pereira proclamouse vencedora na categoría feminina (4:51).
Ademais dos premios en metálico, 1.950 euros a repatir entre os primeiros clasificados das categorías feminina e masculina, o Concello rendeu homenaxe aos deportistas inscritos de maior idade e que levan varios anos competindo en Sanxenxo, como foron Manuel Rodríguez (62 anos) e Mª del Carmen Moldes (69 anos).