O Team Thunder, unha canteira inesgotable
Por Redacción
O boxeo en Marín non deixa de sacar novas promesas, como os dous púxiles do Team Thunder que participarán ata o domingo no Campionato de España para as categorías xoven e junior que se celebra na localidade salmantina de Béjar.
Trátase de Amancio Martínez, junior de 75 quilos, e Brais García, xoven de 91 quilos. Ambos os dous foron convocados pola Selección Galega e acoden á cita coa ilusión de pelexar polas medallas.
Nos seus tres anos no boxeo olímpico, Amancio foi progresando e atópase agora cunha gran oportunidade. En anteriores citas nacionais non puido competir ao atoparse nun peso superior ao que lle correspondía, pero agora tras baixar 20 quilos nos últimos 10 meses situouse no peso medio, onde "aspira a todo", sinalan desde o seu club.
Pola súa banda Brais García, peso pesado xoven, chega ao Campionato de España tras protagonizar un gran combate recentemente ante o medalla de bronce da Nacional elite, Carlos Padín, ao que a piques estivo de enviar á lona no primeiro asalto do seu enfrontamento.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín, premiado pola Federación Galega de Boxeo
Por Redacción |
-
O Team Thunder presume de campión de España de formas de boxeo
Por Redacción |
-
O Team Thunder de boxeo, ante unha das semanas con máis actividade do ano
Por Redacción |
-
Noite máxica de boxeo na Cañota
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Copa Galicia de boxeo estréase na Cañota
Por Redacción |
-
A experiencia cubana do boxeador Aarón González
Por Redacción |