O mellor baloncesto de base volve a Marín polo Nadal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Algunhas das mellores canteiras do baloncesto nacional, en categoría masculina, daranse cita durante este xoves 28 e venres 29 de decembro no XI Torneo Minibasket Vila de Marín, organizado polo Club Baloncesto Peixefresco.
A tradicional cita madrileña contará nesta ocasión coa presenza do Valencia Basket, Basket Zaragoza, Basket Manresa, Baloncesto Fuenlabrada, Obradoiro CAB, Baloncesto Narón e a selección autonómica de Castela-León, ademais do equipo do club local.
Os pavillóns do Sequelo e San Narciso acollerán a competición ante as obras que se están levando a cabo na Raña.
A actividade arrincará ás 10:00 horas do xoves e prolongarase durante a primeira xornada ata as 20:00 horas. Pola súa banda as finais están programadas para as 16:00 horas do venres no pavillón do Colexio San Narciso.