A EP Ciudad de Pontevedra estrea tempada con vitoria no Trofeo Rías Baixas de piragüismo
Por Redacción
Os clubs pontevedreses foron os grandes dominadores da primeira competición da tempada para o piragüismo galego, o Trofeo Rías Baixas.
Na súa terceira edición, deputada esta vez na ría de Vigo, concretamente na enseada de Bouzas, déronse cita máis de 400 padexeiros de 25 clubs cunha competición que se desenvolvía desde a idade cadete con distancias de 4.000 e 6.000 metros.
A clasificación final por equipos comandouna con autoridade a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra (1.228 puntos), sobre todo polos seus grandes resultados en categorías inferiores. Segundo foi o Kayak Tudense (717 puntos) e terceiro o Club de Mar Ría de Aldán (711 puntos).
O Ciudad de Pontevedra logrou a vitoria parcial na categoría C4 cadete e xuvenil masculina, K-4 cadete feminina e C-4 xuvenil feminina.
Pola súa banda o Piragüismo Verducido- Pontillón fíxose co triunfo na categoría K4 xuvenil masculina.
En canto ás categorías absolutas, o Kayak Tudense foi o gran dominador ao facerse co primeiro e segundo posto do podio en K-4, co Vilaboa en terceiro lugar, mentres que na canoa asinou o primeiro e o terceiro posto, co Piragüismo Poio Pescamar na segunda praza. Ademáis venceu na categoría de kaiak senior feminina, co Breogán do Grove terceiro,
Consulta aquí os resultados completos do III Trofeo Rías Baixas de Piragüismo e a clasificación final de clubs.