Recoñecemento provincial ao ABP Sport de kick boxing
Por Redacción
Os bos resultados logrados polo ABP Sport de kick boxing no tramo final do ano tiveron recoñecemento este mércores por parte da Deputación de Pontevedra.
O Pazo Provincial foi obxecto dunha recepción oficial á entidade pontevedresa á que acudiron os medallistas do equipo no recente Campionato de España de Clubs celebrado en Santiago de Compostela.
Naquela competición, a finais do mes de novembro, o ABP Sport finalizou na segunda posición da clasificación xeral, logrando a primeira praza na modalidade de 'kick light' e a terceira en 'light contact'.
Agora o club presidido por José Manuel Santiago mira xa cara a novos retos en 2018, como a organización en Marín dun Campionato de España.