Uxía Martínez e Rodrigo Figueroa, vencedores do Máster Galego de Tenis celebrado no Mercantil
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil gozaron durante varias xornadas co mellor tenis autonómico grazas á disputa do Máster Galego, que reuniu ás 16 mellores raquetas da comunidade en categoría masculina e feminina.
No cadro masculino o vencedor foi Rodrigo Figueroa, despois de superar nunha emocionante final a Martín Millos en dúas mangas (7-6 e 7-5).
A gran sorpresa chegou na primeira rolda da competición coa eliminación do principal favorito, Simón Arca, a mans de Iago Salvador.
Onde se cumpriron os prognósticos foi no torneo feminino, no que a vencedora foi Uxía Martínez, principal cabeza de serie e que se impuxo no partido polo título a Celia Montero por 6-2 e 6-4.
Ao termo das finais a actividade trasladouse ao Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se celebrou a Gala do Tenis Galego na que xogadores e clubs recibiron os premios especiais da tempada 2017.
Relacionadas:
-
Tenis e multideporte, apostas do Mercantil na súa programación de verán
Por Redacción |
-
O Mercantil empeza a traballar na organización do Campionato de España Alevín de Tenis
Por Redacción |
-
Pontevedra repite como sede do Máster Galego de Tenis
Por Redacción |
-
Conceden ao Mercantil a organización do Campionato de España Alevín de tenis
Por Redacción |