Quince medallas, colleita da Gimnástica nos campionatos galegos sub-18 e sub-20
Por Redacción
Non lle foi nada mal aos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra a súa participación nos campionatos galegos sub18 e sub20 que se disputaron, baixo pista cuberta, no recinto de Expourense.
Así, os pontevedreses lograron sumar seis ouros, dúas pratas e sete bronces. Ademais, a esta colleita súmanse dúas marcas mínimas para o campionato de España sub18, quince postos de finalistas e varias marcas persoais.
As medallas de ouro foron para os sub18 Marco Martínez en salto de lonxitude con 6.58 metros, mínima para o Nacional; Raúl Cortizo en salto de altura, cun mellor salto de 1.84; Paula Argibay en triplo salto, con 10.30; Pablo Tojal en salto con pértega, con 3.95 metros, Yago Boleas en triplo salto, con 12.78 metros e a sub 20 Lucía Ferrer en 60 lisos, con 7.95 segundos.
Pola súa banda, a sub18 Marta Burés foi prata en salto con pértega con 2.30 metros, do mesmo xeito que a sub20 Lucía Ferrer en 60 valos, cun tempo de 9.41 segundos.
As medallas de bronce foron todas para atletas sub18.
Raúl Cortizo logrouna en salto de lonxitude con 6.01 metros, María Touriño en salto con pértega con 2.15 metros, Marcos Villaverde en salto de altura con 1.67 metros, Paula de la Torre en 800 metros con 2:19.16; Alberto Pérez Outón en 400 metros con 52.49 segundos, Yago Boleas en salto con pértega con 3.45 metros e Andrea Villaverde en salto de altura con 1.50 metros.
Os resultados completos pódense consultar na web da Federación Galega de Atletismo.
Relacionadas:
-
Unha fin de semana cargada de atletismo no CGTD
Por Redacción |
-
O Nacional Sub-18 en pista cuberta, novo reto para a Gimnástica
Por Redacción |
-
O ximnástico Hugo García Souto, subcampión nacional campo a través en idade sub-16
Por Redacción |
-
Andrea González proclámase en Castellón campioa de España sub-20 de xavelina
Por Redacción |
-
Alberto Guerrero, mellor atleta da Gimnástica no Nacional de pista cuberta
Por Redacción |
-
O atleta da Gimnástica Anxo Blanco proclámase en Salamanca campión de España Sub-23
Por Redacción |