Un ciclista do Froiz sofre mentres adestraba o seu segundo atropelo en seis meses
Por Diego Espiño
O casco salvou a vida a Abel Franco, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, tras ser atropelado este martes mentres adestraba.
O corredor galego, que se estrea esta campaña na categoría sub-23 da man do Froiz, encaraba o final do seu adestramento cando chegando a Pontevedra, concretamente na rotonda de Lérez xunto ao Mosteiro, foi golpeado por un coche.
"Iba en el medio de la rotonda y un coche se saltó el ceda y me llevó por delante", explica xa desde a súa casa tras recibir o alta hospitalaria e pasar algo menos 24 horas en observación no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Afortunadamente "me hicieron un TAC y varias placas y estaba todo bien", polo que non sofre lesións de importancia máis aló dos golpes propios dun suceso de tal magnitude.
Abel Franco: "El golpe se lo llevó todo la cabeza, el casco se rompió pero me salvó claro"
"Fue un susto gordo, la gente que lo vio dijo que fue impresionante, que volé bastante", rememora, pero "gracias a Dios terminé dentro de la rotonda y caí en blando. El golpe se lo llevó todo la cabeza, el casco se rompió pero me salvó claro".
O condutor, que se desculpou ao instante e estivo pendente del ata a chegada dos profesionais sanitarios, asegurou non telo visto dentro da rotonda.
Aínda por riba trátase do segundo suceso similar no que se viu involucrado Abel Franco no últimos seis meses, e a pesar diso non lle quita as ganas de seguir gozando da súa paixón. "Estoy deseando pillar la bici otra vez y mañana salir a probar a ver qué tal estoy", asegura.
Abel, do mesmo xeito que o resto do seu equipo, atópase nos primeiros compases da tempada e debutara oficialmente a pasada fin de semana co Froiz na Clásica de Primavera disputada en Portugal, polo que esquecido o contratempo xa pensa en "perder lo mínimo de tiempo posible" durante a súa recuperación co obxectivo de volver competir canto antes.
Relacionadas:
-
O Froiz quere achegarse ao amarelo da Copa España no Memorial Pascual Momparler
Por Redacción |
-
Iván Martínez logra en Zamora a primeira vitoria da tempada para o Froiz
Por Redacción |
-
Sergio Vega, noveno no Trofeo Guerrita, confírmase como primeira opción do Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Terceira oportunidade para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz acada o décimo posto na Clásica de Aitzondo
Por Noelia Torres Pintos |
-
Presentación ao grande para celebrar os 30 anos do Supermercados Froiz
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |