O Club Natación Galaico aspira a revalidar o título galego na casa
Por David Arana
O Galaico quere facerse co trofeo galego de división de honra por terceiro ano consecutivo. A primeira posición conseguida este sábado 10 de marzo na piscina Rosario Dueñas de Ourense, na terceira xornada da fase inicial, mantén aos de Pontevedra como favoritos por diante do Pabellón de Ourense e o Club Natación Ferrol, segundos e terceiros respectivamente.
A fase final do campionato celebrarase na casa do Galaico, no Complexo Deportivo Rías do Sur o próximo mes de abril.
Os pontevedreses subiron ao podio na maioría das probas disputadas durante esta terceira xornada, sendo os gañadores nas remudas de 4x50 libres e 4x100 estilos. Tamén conseguiron a vitoria as categorías individuais de 400 estilos feminino, 200 braza feminino, 50 costas masculinos e 800 libre feminino.
Algúns dos resultados obtidos polos nadadores do Galaico entran dentro das marcas mínimas nacionais, dando acceso aos campionatos de España de verán de 2018.
Relacionadas:
-
Águeda Cons, ao asalto das mínimas para o Campionato de Europa
Por Diego Espiño |
-
Máis de medio milleiro de nadadores e ata 186 clubs dan lustre ao Nacional Infantil de natación
Por Redacción |
-
Bos resultados do Galaico na Copa Alevín e no Campionato de España de natación
Por Noelia Torres Pintos |
-
O Club Natación Galaico imponse no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |