O conselleiro responsable da planificación deportiva do Pontevedra Club de Fútbol, Roberto Feáns, pasou polos micrófonos do programa da Trastienda, de PontevedraViva Radio, para analizar a complicada situación do equipo epedir o apoio "de todos" de aquí a final de tempada para tentar salvar o ano logrando a permanencia na Segunda División B.
"Todos tenemos que sumar y todos tenemos que estar", sinalou, porque nas oito xornadas que restan "cada partido es una final y el sábado tenemos una final".
O director deportivo do equipo recoñeceu de novo que "evidentemente nos hemos equivocado, no puedeo negarlo, pero yo sigo pensando que en la plantilla tenemos jugadores de nivel", sinalou convencido de poder lograr o obxectivo.
En todo caso a imaxe ou o xogo pasan agora a un segundo plano porque "no se trata ya de jugar bien o de jugar mal, se trata de ganar y yo creo que eso tiene que ir por encima de todo en este momento".
Feáns recoñece que erros puntuais están a lastrar ao equipo, ademais de adversidades como as lesións, a falta de campos de adestramento de herba natural ou o mal estado do céspede de Pasarón, pero asegura que non quere escusas e agárrase a aspectos positivos. "Yo veo jugadores que han mejorado muchísimo. Yo veo a un David Castro que ha mejorado muchísimo su nivel, puede ser de los mejores del equipo ahora mismo, veo a un Darío Flores que ha cogido un ritmo de juego importántisimo con jerarquía, manejando la defensa, hemos puesto chavales...".
Precisamente a aposta pola canteira estivo presente tamén na entrevista, así como a Copa Federación, que serviu para recuperar ritmo competitivo a certos futbolistas e tamén dar a alternativa a xogadores das categorías inferiores. "Queremos estar en la copa y queremos estar en la liga", resolveu o conselleiro do Pontevedra.