A Federación Española distingue o Mace Sport co Premio Nacional pola súa promoción do taekwondo
Por Diego Espiño
O Mace Sport viu a luz cun só deportista, Miguel Ángel Cortegoso. Agora, vinte anos despois e con 200 fichas federativas o club pontevedrés pode presumir de galardón, o Premio Nacional que outorga a Federación Española de Taekwondo.
A Federación decidiu distinguir a entidade pontevedresa por ser "o club que máis se distinguiu e destacou na promoción do taekwondo en 2012".
Ademais do premio ao conxunto, ao fundador e deportista do Mace Sport, Miguel Ángel Cortegoso, adxudicóuselle a medalla de bronce ao mérito deportivo, un recoñecemento que anima a seguir traballando, segundo o propio Cortegoso, "lo que más ilusión me hace es el premio al club, porque hay mucho trabajo detrás. Son 20 años dando clases de taekwondo y años con hasta 40 medallas nacionales, ahora se nos reconoce y nos da mucho ánimo".
Miguel Ángel Cortegoso: "Al principio económicamente éramos un desastre pero hemos ido aprendiendo"
Un traxecto de dúas décadas cheo de obstáculos que o Mace Sport soubo ir sorteando pouco a pouco, "al principio económicamente éramos un desastre pero hemos ido aprendiendo. El problemas a veces es que tenemos europeos o mundiales, cuesta decir que no y hay que buscar el dinero para ir".
No plano deportivo, os obxectivos de 2013 para o club pontevedrés son calsificar a algúns dos seus deportistas para o Campionato de Europa e revalidar o Campionato de España de Exhibición. No persoal pola súa banda, Miguel Ángel Cortegoso pon a súa meta no Mundial Máster que se celebra en Torino, Italia.