Fin á etapa de Marcio Santos no Poio Pescamar
Por Redacción
A segunda etapa de Marcio Santos ao frente do Poio Pescamar ten data de caducidade, o próximo mes de xuño.
O técnico brasileiro seguirá dirixindo ao equipo vermello ata o final de tempada, co obxectivo de clasificarse por segundo ano consecutivo para a Copa de España e tentar chegar o máis lonxe posible na fase final da competición, pero non será renovado.
Será pois a despedida de Marcio na súa segunda etapa, na que logrou levantar en dúas ocasións a Copa Galicia nos que son os primeiros títulos oficiais da entidade.
Así o confirmou o propio adestrador a través das súas redes sociais.
Coa súa marcha abrirase un novo ciclo no club que preside Juanjo García, que ten como obxectivo dar un paso á fronte e pelexar por obxectivos ambiciosos.
Relacionadas:
-
Silvia, Jenny e Ale de Paz, primeiras renovacións no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar parte cara a Cádiz coa ilusión de facer un bo papel na Copa de España
Por Redacción |
-
Goleada do Poio Pescamar ante o Majadahonda (9-3) para manterse en posto copeiro
Por Redacción |
-
Alcorcón imponse a Poio Pescamar (5-3) e aperta a clasificación para a copa
Por Redacción |
-
Vitoria sufrida do Poio Pescamar sobre Guadalcacín (4-2) para achegarse á Copa
Por Redacción |
-
Burela véngase goleando ao Poio Pescamar (7-1)
Por Redacción |