Antía Chamosa brilla no Mundial de marcha atlética
Por Redacción
O Campionato do Mundo de Marcha Atlética por Seleccións consolidou a Antía Chamosa na elite internacional, despois do seu gran papel na proba dos 10 quilómetros en categoría Sub-20.
A atleta cuntiense realizou unha carreira notable na localidade chinesa de Taicang, ao finalizar na duodécima posición e como mellor española da proba.
Chamosa realizou unha proba en progresión e concluíu en solitario para asinar un tempo de 48 minutos exactos, moi preto do seu tope persoal a pesar das duras condicións meteorolóxicas.
As outras dúas representantes españolas, Mariona García e Marina Peña, concluíron nos postos 19 e 20 respectivamente, colocando a España na sexta posición na clasificación por equipos. A vencedora foi a mexicana Alegna González (45:08).
Como premio ao seu bo papel, Antía Chamosa logrou nesta competición o pasaporte para o Mundial Junior que se disputará en Tampere, Finlandia, o próximo mes de xullo.